Rianxo comparte o legado de Manuel Antonio

Rianxo comparte o legado de Manuel Antonio

28 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Desde a súa primeira foto (un retrato que lle fixeron sendo bebé e que adoitaba levar na carteira) ata o seu derradeiro billete (o que colleu desde Cádiz, enfermo de tuberculose, para volver a casa pouco antes de morrer). Os distintos materiais que alberga a Casa Museo Manuel Antonio, que acaba de abrir as súas portas na rúa de Abaixo de Rianxo, permítennos viaxar polas distintas etapas e facetas do autor de De cat

A promesa, selada con sangue aos 16 anos de idade, de que falaría sempre galego axúdannos a entender o compromiso político de Manuel Antonio; as cartas que lle mandaba, con 17, á súa moza ofrécennos pistas sobre a personalidade íntima do autor e súa biblioteca particular permítenos afondar na súa relación coas vangardas europeas. O académico Xosé Luís Axeitos, un dos encargados de desenvolver o proxecto de musealización da vivenda onde naceu o escritor rianxeiro, destaca que se propoñen “diferentes lecturas”, o que fará a visita “atractiva para distintos tipos de público”. A Casa de Manuel Antonio, destaca Axeitos, non se pode comparar con ningún outro recinto dedicado a un escritor galego. “A súa concepción é moi novidosa e actual, con gran vocación de futuro”, asegurou en Radiofusión.

Cultura