Reforzar o potencial

Reforzar o potencial
25 de Marzo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fomos educados coa dramatización do erro, a ridiculización do fallo. Tememos ser avaliados sobre a base do que facemos mal. Asegura o psicólogo José Barcia que falou en Radio Fene da influencia da auto confianza na nosa vida. 

ESCOITA O PODCAST:
San Sadurniño

“Ten moito que ver con como interpretamos os feitos e como nos falamos. Tamén pesan as opinións e mensaxes que nos trasladan os demais, persoas que para nós son relevantes”. Con frecuencia o inimigo anda preto “Moitas veces poñemos o foco en persoas ou situacións que non aportan, unha recomendación clásica é focalizar en persoas que axudan non que merman o potencial, se merman o teu potencial intenta alonxarte”.

Infancia e adolescencia son etapas sensibles. Somos máis permeable ao que escoitamos. Por iso, se queremos beneficiar a confianza de fillos e fillas ou do alumando é fundamental “mandarlles mensaxes que reforcen o seu potencial”, non sinalarlles so o que está mal.

 

Na imaxe, actividades con motivo do Día Internacional da Muller. A AC Brío e as escolas municipais de baile e música tradicional reuníronse na Casa da Cultura de San Sadurniño para ofrecer  varias pezas de onte e hoxe que poñen en valor o empoderamento feminino e a transmisión da nosa cultura a través das mulleres.

Sociedade

Publica o teu comentario agora