Reanúdase a búsqueda dos mariñeiros de Boiro desaparecidos

Reanúdase a búsqueda dos mariñeiros de Boiro desaparecidos

17 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Ás nove desta mañá, coa saida do sol, reanudáronse os labores de búsqueda desde a terra dos tres mariñeiros de Boiro desaparecidos nun barco bateeiro no dia de onte. Os desaparecidos son Germán F.T. de 52 anos, Santiago B.T. de 47 e Juan H.T. de 37, todos naturais de Boiro.

O "Paquito II" de 18 metros de eslora viaxaba este martes do seu porto en Cabo de Cruz (Boiro) cara Muros. Sobre as 17 horas perdeuse o contacto coa embarcación e saltou a alarma. A zona onde desapareceu o barco, nas proximidades do cabo Corrubedo, había mar de fondo, con ondas de 3 ou 4 metros.

O dispositivo, activado por terra, mar e ar, atopou algúns efectos persoais e restos do barco, así como unha mancha de gasoil. O operativo de búsqueda coordenase desde o faro de Corrubedo. 

Sociedade