A radio local, unha realidade viva

A radio local, unha realidade viva
17 de Xullo, 2022 - 12:15 h. | Publicada por Radio Redondela

Non se pode facer radio igual que hai tan só cinco anos. Hai que modificar espazos, programas, utilizar os podcast e as redes sociais. De todo iso é consciente a radio local en Galicia. Representantes de Radiofusión (Emisoras Municipais Galegas) visitan nestas semanas as emisoras municipais para coñecer as súas necesidades e tamén para expoñer o proxecto Onda ODS, un podcast sobre cambio climático,igualdade de xénero, despoboamento rural e en xeral en torno aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030 marcada pola ONU.

Ademais de expoñer o proxecto de programa que se comezará a emitir en setembro, nos contactos coas emisoras tamén se solicita información en torno a iniciativas de economia circular e exemplos de boas prácticas que se están a desenvolver nas localidades. Onda ODS emitiráse en 343 emisoras municipais e comunitarias do Estado grazas á colaboración de EMA, EMUGA, REMC e La Xarxa.  A iniciativa conta cunha axuda do Ministerio de Asuntos Sociais. 

 

Na imaxe, Henrique Sanfiz (Radiofusión) e María Xesús Queimaliños (Radio Redondela) nos estudios de Radio Redondela.

Cultura

Publica o teu comentario agora