Rásquese a quen lle proia

Rásquese a quen lle proia
04 de Marzo, 2024 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños 0-1 Carral. Rásquese a quen lle proia, que cada un se preocupe do seu. O Carral preocupouse do seu e solvente, sen chegar a ser brillante, cun xogo simple pero efectivo, descoseu ao Maniños. "Non foi o noso pior partido, pero faltounos o pase final" afirma o adestrador do Maniños Adrián Martínez. O gol do Carral chegou no minuto 52  "e a partir dese momento eles coller moita enerxia". 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co adestrador do Maniños Adrián Martínez:

http://173.255.131.18/audio/040324MARTINEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

"Non imos baixar os brazos por un resultado negativo" advirte Adrián. O Maniños queda na terceira posición da Primeira Galicia de fútbol con 43 puntos.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora