Queren despedir á metade do plantel

Queren despedir á metade do plantel
25 de Xaneiro, 2021 - 01:00 h. | Publicada por Radio Fene

Galicia Téxtil tamén ten problemas. Queren presentar un ERE á metade do plantel. As movilizacións emprezan mañá diante da fábrica ubicada en Neda.

ESCOITA O PODCAST:

Por se faltaba algunha empresa máis para sumarse á crise industrial na comarca de Ferrol, xa a temos. “Galicia Téxtil” de Xubia (Neda) pretende desfacerse da metade do plantel, uns 20 traballadores. Esta mañá reúnese a mesa de negociación na que a parte sindical amosa a oposición ao ERE e  pretende frear a posta en práctica desa decisión. Fran Cartelle, en representación da CIG e membro desa mesa negociadora, está convencido de que a fábrica de Neda é viable e en caso de tomar algunha medida de futuro, defende que non se necesita prescindir da parte humana nin adoptar medidas tan dramáticas como despedir á metade do plantel. A empresa ten o plan de adicarse á fabricación de tecidos “técnicos” no canto de telas para moda, como fai na actualidade. A CIG ve aceptable ese cambio pero a transformación da fábrica debe ser progresiva e sen custes humanos. O comité xa convocou concentracións diarias ás portas de Galicia Téxtil de 13h a 13,30h. No caso de non chegar hoxe a ningún acordo poderíanse aprobar novas medidas. A corporación municipal de Neda xa amosou esta mañá o seu respaldo aos traballadores e ao mantemento dos postos de traballo.

 

(Na imaxe, acceso á fábrica téxtil de Neda)

Sociedade

Publica o teu comentario agora