Propiciando o debate

Propiciando o debate
30 de Setembro, 2023 - 11:05 h. | Publicada por Radio Neria

“Hai moita desinformación en torno ao cambio climático, á pobreza ou a igualdade de xénero” manifestou o alcalde de Corcubión Xabier Dominguez (BNG) no programa de radio en directo Onda Ods realizado desde a antiga capela do Pilar da vila da localidade da Costa da Morte. “Os medios locais son os primeiros en achegarse a veciños e veciñas e desde o ámbito local a mensaxe chega directa e hai posibilidade de debater” indicou Dominguez “Drok”.

Corcubión. 30 de setembro de 2023

Boca de sapo, Pan de Raposo, Buserana -Onda Muller- e moitos colaboradores de Radio Neria e das Emisoras Municipais Galegas participaron no espazo. Tamén interveu Alexandre Nerium do Museo da Pesca de Fisterra, facendo fincapé na necesidade de eliminar o verquido de plásticos ao mar. "Agora hai moito menos longueirón que antes" queixouse o guía e poeta. "Hai que seleccionar contidos nas redes sociais" advertiron Patricia, Antía e Valeria, tres das participantes nunha tertulia sobre redes sociais, na que se confesaron usuarias de Tiktok, Instagram e X. Falaron tamén de feminismo desde unha perspectiva adolescente. 

Despois deste programa de radio en directo e con público, Onda Ods continuará coa elaboración e emisión de podcasts e programas radiofónicos, ademáis da divulgación de retos individuais que se elaborarán nas propias localidades.   

Máis de 240 medios locais participan en Onda Ods. Empeza por ti, unha iniciativa das Emisoras Municipais Galegas, Emisoras Municipales de Andalucía, RTV Cardedeu La Xarxa e a Rede de Medios Comunitarios. Conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.

Sociedade

Publica o teu comentario agora