Pepe Solla apréndenos a cociñar coa hixiene como ingrediente básico

Pepe Solla apréndenos a cociñar coa hixiene como ingrediente básico

11 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o chef Pepe Solla realizarán esta tarde o primeiro showcooking científico COCIÑAconCIENCIA, que fusiona ciencia e cociña para concienciar aos cidadáns dos riscos habituais que afectan á seguridade alimentaria e dar a coñecer prácticas seguras no ámbito doméstico. O proxecto está liderado polo

A súa principal acción son o tres showcookings científicos que terán lugar na aula de cociña que Afundación ten na súa sede en Vigo e nos cales o chef Pepe Solla e Graciela Ramilo (CSIC), a responsable do proxecto, prepararán pratos estrela do cociñeiro, entre eles "Vieira sobre guacamole e a súa coral", "Pescada con alcaparras e verzas", nos que se incidirá nos puntos críticos de cada un.

O primeiro terá lugar este venres 11 de marzo, de 18.00 a 20.00 horas. Contará coa participación de 25 persoas que obtiveron unha das entradas sorteadas nas redes sociais dos patrocinadores Afundación e GADIS, así como na páxina Facebook de COCIÑAconCIENCIA.

Nunha primeira parte, versará sobre a importancia da trazabilidad dos bivalvos, a súa conservación, a depuración, a hixiene das superficies e utensilios na cociña ou a contaminación cruzada. A continuación, nunha pequena experiencia de laboratorio, porase de manifesto a relación entre manter a cadea de frío e o crecemento microbiano, así como recomendacións no uso de ovo.

Sociedade