Paulo Calvo: "Por desgraza a cobiza é inherente ao ser humano"

Paulo Calvo: "Por desgraza a cobiza é inherente ao ser humano"
07 de Novembro, 2019 - 12:05 h. | Publicada por Radio Neria

“Empecei a escribir porque necesitaba unha desconexión do día a dia e despois de intentalo co deporte” indica Paulo Calvo, o autor de “A maldición de San Brandán” publicado por Editorial Galaxia. “Partín de lugares e localizacións reais, pero das tres historias, a que máis me custou foi a dos monxes e atopar un tradutor de gaélico” confesa o escritor, profesor de Matemáticas no IES Terra de Soneira de Vimianzo.

ESCOITA O PODCAST:
Paulo Calvo no club de lectura de Radio Fene Radiofusión

“Por desgraza, a cobiza é inherente ao ser humano” conclúe Calvo que confesa o seu interese por todo tipo de lecturas, aínda que recentemente está a apostar pola banda deseñada: “Gustaríame que ás persoas lectoras desfrutaran co meu libro”.
 É libre o destino da humanidade ou obedece á vontade dun obxecto? A esa pregunta intenta responder a novela de Paulo Calvo “A maldición de San Brandán”, un libro de misterio, azar e intriga histórica. Falamos del no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Participan na conversa Esther Val, Andrés C.M:Riveira, Henrique Sanfiz e Paulo Calvo. O protagonista de “A maldición de San Brandán” ten que atopar un obxecto secreto. A antiga Britonia, Alemaña e a Universidade de Santiago son algúns dos lugares nos que se desenvolven tres tramas paralelas que ao remate conflúen.

Cultura

Publica o teu comentario agora