Os pequenos mortos de Ledicia Costas

Os pequenos mortos de Ledicia Costas
22 de Outubro, 2020 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Minimortos chegan dende o Outro Barrio da man de Ledicia Costas. A escritora de literatura xuvenil está a preparar unha saga de libros infantís que ten como protagonistas a unha pandilla de ultratumba.

ESCOITA O PODCAST:

O primeiro volume da saga de “Os minimortos” viu a luz este 2020 pero haberá que agardar ata xaneiro para poder desfrutar de “Criando malvas”. Nesta data tamén se publicarán os dous libros en castelan co título “Los Minimuertos”.

Como explica a escritora, a temática de ultratumba ten moito que ver coa sua infancia, xa que dende pequena lle interesou este tema. Para ela, o tema da morte, non debería ser tabú entre os máis pequenos, xa que o trato especial que se lle da en Galicia é parte da cultura.

Neste mundo tan escuro encárgase a ilustradora Mar Villar de poñer luz. Ledicia Costas xa contou con ela para a primeira entrega desta mortifera saga e, polo que conta, seguirán traballando xuntas.

Mar enche o mundo dos mortos de cor e, xunto con Ledicia, chean o noso de obras mestras. Próximamente poderemos desfrutar tamén do seguinte número da Señorita Babel que, nunha obra cun trasfondo sindicalista, viaxa ata Rovaniemi para falar con Papá Noel. Agardamos con ansias as novas entregas de Ledicia Costas, sexan en Laponia ou no “Outro Barrio”.

 
 
Cultura

Publica o teu comentario agora