Os libros e as bibliotecas de Ferrol

Os libros e as bibliotecas de Ferrol
25 de Xaneiro, 2021 - 01:56 h. | Publicada por Radio Fene

“Ferrol, os libros e as biblioteca” é unha recente publicación do Concello de Ferrol, auspiciado pola Concellería de Cultura dirixida polo concelleiro Antonio Golpe Díaz, coordenado por Carmen Pérez Pais e Carmen Porta Losada.

"Ferrol, os libros e as bibliotecas" inclúe un estudos por períodos dos libros máis relevantes editados na cidade desde o ano 1803 a 2019, así como dos centros de lectura pública existentes na cidade entre os séculos XIX e XXI. O estudo cínguese ás publicacións bibliográficas – libros e folletos- e non aos diarios e revistas. A maioría das obras descritas nesta publicación poden consultarse nos fondos da Biblioteca Municipal ferrolá. O libro arranca coa chegada da primeira imprenta a Ferrol en 1803 cando Lorenzo José Riesgo Montero de Espinosa, procedente de Guipúzcoa, asina un contrato coa Marina por catro anos. Dos seus talleres sae a primeira obra impresa na cidade, “ Descrición económica del Reyno de Galicia” en 1904.

A historia continúa a través das diferentes etapas históricas, ofrecendo as reproducións das ilustracións das portadas de libros e documentos máis relevantes. Narrando a aparición das diferentes imprentas como Céltiga, nos anos 20, proxecto liderado por Xaime Quintanilla Martínez e ligada ás Irmandades da fala; Covadonga e La Latina entre os anos 50 e 70 ou a editorial Embora nacida nos anos 90. Interesante é tamén a historia das bibliotecas e a particular xestación da biblioteca municipal de Ferrol entre os anos 1878 e 1940. O soño faríase realidade sendo alcalde Demetrio Plá Frige nos baixos da Casa do Concello situado naquelas datas no Cantón das Delicias. Nos anos 1954 -1955 trasladase ao novo edificio consistorial da Praza de Armas. Na década dos 80 descentralízase con novos espazos de lectura no Cantón, Caranza e no Inferniño. Todo desemboca en 1990 coa aprobación do proxexto da actual Biblioteca Central na Praza de España.

 

(Na imaxe, portada dun libro de Guillermo Llorca)

Cultura

Publica o teu comentario agora