O xornalista José María Íñigo padriño do Club Exxpopress

O xornalista José María Íñigo padriño do Club Exxpopress

09 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O popular xornalista e presentador de televisión José María Íñigo asistirá, o vindeiro mércores 15 de xuño na Pobra do Caramiñal, á gala de presentación do Club Exxpopress. Trátase dun colectivo cultural de ámbito autonómico creado e promovido por xornalistas, pero aberto a toda a sociedade. Na cea-gala, na que Íñigo será nomeado Padriño do Club, ter&aa

Previamente, durante a súa estancia na comarca do Barbanza, o xornalista realizará unha ruta turística por alguns dos principais puntos de interese da zona, acompañado de diversas autoridades e empresarios. 

Asimesmo, visitará na Casa Consistorial de Boiro, ás 20:00 horas, a exposición multimedia ‘Crónica de la Monarquía española’, formada por ducias de xornais históricos e revistas de todo o século XX, que se complementa coa proxección de vídeos e unha colección de imáxenes de gran tamaño. 

A axenda de José María Íñigo durante a súa estancia na comarca do Barbanza inclúe a presentación, ás 20:30 no Centro Social de Boiro, do seu último libro, titulado ‘Cien españoles y el Príncipe’, do que firmará exemplares.

Sociedade