ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Na "orde lóxica", o primeiro que debe pasar é que o conselleiro de Economía, Javier Guerra, e a cúpula do IGAPE comparezan publicamente para ofrecer "explicacións urxentes". Así o esixiu este mediodía o voceiro parlamentario do PsdeG, Abel Losada, quen criticou que, até o momento, Guerra estivese "desaparecido". Ademais dunha comparecencia na Cámara autonómica, Losada pediu gara
Os socialistas tamén manifestan as súas dúbidas sobre a reorganización que padeceu o IGAPE dende a chegada do PP á Xunta, cun aumento dos cargos directivos, até 38 nun cadro de persoal de 133 persoas, case un terzo do total. Desta maneira, explicou, aumentaron as persoas que baixo a súa responsabilidade directa terían a aplicación das políticas de axuda ás empresas por parte do Goberno. Abel Losada coida que o Consello de Contas debe fiscalizar todas as actuacións do instituto.
Houbo máis reaccións á Operación Campión, como a do presidente da patronal galega, Antonio Fontela, quen nunha liña máis coincidente coa da Xunta desbotou as urxencias e pediu que se deixe facer á Xustiza.
Pola contra, o secretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, fixo fincapé en que o IGAPE é o instrumento de crédito máis importante para as empresas galegas e por iso hai que clarexar "as dúbidas" sobre a súa xestión.