O que había de xenuino e verdadeiro no pobo e nas terras galegas

O que había de xenuino e verdadeiro no pobo e nas terras galegas

07 de Novembro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Como era á Galicia dos anos 20 do século pasado? Nesta época, o país foi retratado pola cámara da fotógrafa e etnógrafa da Hispanic Society of America en Nova York, Ruth Matilda Anderson. A artista norteamericana percorreu entre 1924 e 1926 a nosa terra e realizou máis de sete mil fotografías. O interese da viaxe estaba en atopar "o rostro auténtico, fermoso ou non, do pais galego" en palabras do fotógrafo Xosé Lui

Ruth buscou sempre un país incontaminado, seguindo en certa forma un criterio folclorista e impresionista, escapando coa súa cámara dos escenarios comúns ao resto das cidades occidentais. A diferencia, é dicir, a personalidade do pobo galego atopouna nas xentes do campo e do mar e nos oficios urbanos artesanais ou de menor categoría. Plasmou o que había de xenuino e verdadeiro no pobo e nas terras de Galicia.

As fotografías, de gran calidade técnica, gárdanse no Fondo Anderson, da Hispanic Society of América.

Entre as instantáneas atópanse imaxes de O Cebreiro, as súas pallozas onde vivían os aldeáns, agora convertidas en museos etnográficos. Anderson tamén fotografou A Fonsagrada, con escenas do mercado e impresionantes paisaxes de montaña como A Pobra de Burón. A procesión do Corpus en Becerreá ou a cocción do pan en San Clodio. Muros, Betanzos, A Rúa, Pontevedra ou Noia tamén foron obxectivo da súa cámara.

Cultura