O PSdeG demandará no Parlamento a restitución do Seguro Colectivo de Accidentes

O PSdeG demandará no Parlamento a restitución do Seguro Colectivo de Accidentes

01 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O naufraxio do cerqueiro Nuevo Luz, no que morreron dous mariñeiros a pasada semana, demostra que é preciso restituír o Seguro Colectivo de Accidentes. Así o sostén o PSdeG, que demandará no Parlamento a volta atrás na decisión da Consellaría do Mar, que o pasado ano eliminaba a cobertura gratuíta, substituíndoa por unha nova póliza acordada coa compañía Mapfre para responder á

A deputada socialista Marisol Soneira ofrecíalle á Xunta unha “segunda oportunidade” para que volva subvencionar o seguro que contemplaba axudas “inmediatas” para as familias dos mariñeiros falecidos. 

Entre as coberturas que Soneira reclama para o seguro colectivo figuran as axudas por falecemento, todos os graos de invalidez, repatriación e enterro dos falecidos no exterior, gastos de traslado e o que era un dos aspectos máis sobranceiros da situación anterior: as bolsas para a escolarización e estudos dos orfos de mariñeiros. Como novidade, os socialistas piden garantías equivalentes para os accidentes “in itínere”, a adaptación do fogar no caso de que os accidentados teñan que usar cadeira de rodas e que os desaparecidos teñan a consideración de falecidos “nun período non superior a tres meses”. Marisol Soneira defende a necesidade dunha póliza que permita o recoñecemento para as viúvas e orfos de desaparecidos no mar mediante unha reparación económica que non teña que agardar por resolucións xudiciais que adoitan adiarse no tempo.

Institucional