O plantel de Navantia de brazos cruzados

Non hai traballo no naval ferrolán nos dous anos próximos
24 de Novembro, 2020 - 02:34 h. | Publicada por Radio Fene

Medra a inquedanza en Navantia na ría de Ferrol porque non hai traballo nas gradas. Fene ten traballo da eólica pero o plantel vai quedando en nada. 

ESCOITA O PODCAST:

Non hai carga de traballo. Ese é o primeiro dos males de Navantia na ría de Ferrol. O estaleiro ferrolán ten por diante dous anos de brazos cruzados. O de Fene si ten traballo na eólica nese tempo aínda que dentro de pouco quedará sen plantel. Hoxe son 100 traballadores da empresa pero en palabras da presidenta do comité, Adela López, nos próximos meses irá baixando a causa das xubilacións. O estaleiro fenés carece pois de persoal e tamén de mantenemento. “Necesitamos o apoio político, o compromiso de todas as forzas políticas” asegura López, ao tempo que afirma que tanto Xunta de Galicia como Goberno Central teñen un papel que xogar porque “somos unha empresa pública”.

Agarda Adela López que o proceso de selección que renovará o plantel quede solventado en breve. As probas correspondentes a 2019 non deron máis que problemas. Mentres continúan as accións sorpresa dos traballadores. Onte impedíase a entrada das direccións nos dous estaleiros. O calemdario de movilizacións segirá tamén cos planteis ao completo pero a próxima aínda non ten data, segundo a presidenta do órgani laboral de Navantia Fene.

 

(Na imaxe, os buzos colgan tamén en Navantia Fene)

Sociedade

Publica o teu comentario agora