O lifting de Moure

O lifting de Moure
27 de Xullo, 2019 - 10:24 h. | Publicada por Radio Monforte

Están a piques de finalizar os traballos de limpeza do retablo da igrexa do colexio da Compañía de Xesús en Monforte de Lemos. Trátase dunha das obras principais de Francisco de Moure, a primeira personalidade da escultura galega que se pode denominar barroco. Realizada en madeira de nogueira e sen policromar recolle entre outras escenas, a realización dunha circuncisión.

A circuncisión no retablo de Francisco de Moure

Moure naceu en Santiago de Compostela en 1577 e morreu en Monforte de Lemos. Realiza este retablo en 1625. De grandes dimensións, divídese en tres corpos e tres rúas de arquitectura aínda clásica, excepto o corpo inferior onde xa acusa certo barroquismo no partido frontón. Tamén de cánones barrocos é a virxe da Antiga que preside o retablo. O escultor recupera os recursos estilísticos herdados do manierismo, en especial, en canto ao estudo das perspectivas, logradas coa superposición de figuras cara o fondo. 
Moure logra aquí a plenitude estilística configurando un tipo facial característico, con resgos afiados, nariz aguileño e pómulos moi marcados, subraiados por profundas enrugas que, partido das fosas nasais, chegan á comisura dos beizos.

VAZQUEZ VARELA E OUTROS. Historial del Arte Gallego. Editorial Alhambra. Madrid,1982.

Cultura

Publica o teu comentario agora