O BNG promove accións contra as peaxes da AP9

O BNG promove accións contra as peaxes da AP9

28 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG convoca unha movilización contra as peaxes na autoestrada. No caso da comarca de Ferrolterra a acción concrétase nunha caravana reivindicativa, que partirá ás 16,30 do sábado dia 29 de marzo, do aparcadoiro de San Valentín-Fene, para logo dirixirse até Cabanas; onde cubrirá o traxecto Cabanas-Fene da autoestrada. Esta acción desenvolveráse, dun xeito coordenado nas diversas comarcas afectadas de Galiza, o sábado d

O BNG decidíu promover esta acción reivindicativa para denunciar a política de peaxes nas nosas autoestradas. O pasado 1 de Xaneiro entraba en vigor unha nova subida na peaxe da AP9; a quinta subida que se produce na mesma en menos de dous anos.  O prezo a peaxe da A9 sitúase nun nível práticamente inasumíbel para  a maioría da cidadanía; xa que o custo do traxecto Fene-A Coruña sitúase en 4.45 euros e entre Fene Santiago chega aos 8,6 euros. Mentras, entre A Coruña e Vigo superá os 15 euros, e o traxecto entre Ferrol e a fronteira de Tui –o percorrido completo da A9- achégase na prática aos 20 euros.

Estamos a falar, pois, dunha das autoestradas máis caras do Estado e que, como se tén posto de  manifesto en numerosas ocasións, leva o engadido o feito de non contar cun Programa de Descontos,  a semellanza do que acontece noutras autopistas do Estado. Os constantes incrementos dos prezos  das peaxes nun contexto de grave crise económica, fan  que a autoestrada sexa inasumíbel para a maioría da xente.

Sociedade