O Alcalde de Boiro recollerá as bandeiras “Q” de calidade para os areais de Carragueiros, A Retorta e Mañóns

O Alcalde de Boiro recollerá as bandeiras “Q” de calidade para os areais de Carragueiros, A Retorta e Mañóns

27 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro manifestou, a través do Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e da Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó, a súa satisfacción pola concesión, un ano máis, de cinco bandeiras azuis para as praias do municipio, concretamente as de Barraña, Carragueiros, Mañóns, A Retorta e Saltiño-Barraña-Esquerda. Esta enseña garante non só a calidade das

O Concello de Boiro leva feito un importante esforzo para incrementar os servizos nas súas praias, sendo unha das actuacións máis destacables a dotación de  “puntos accesibles” para persoas discapacitadas ou con mobilidade reducida nas praias de Carragueiros, A Retorta e Mañóns, e este ano estrearemos outros dous puntos na praia de Barraña; un situado en Praia Xardín (fronte ao restaurante Galeón) e outro a carón do área deportiva de Barraña.

Estes puntos contan, entre outras cousas, con aparcadoiro, duchas e aseos adaptados, unha pérgola que constitúe unha zona de sombra, así como cadeiras anfibias e muletas. O persoal de socorrismo tamén está dispoñible para axudar a estas persoas e atender as súas necesidades.

Por outra banda, o Concello de Boiro informa que Boiro conta ademais este ano con outras tres bandeiras “Q” de calidade turística nas praias de Carragueiros, A Retorta e Mañóns. O Alcalde, Xosé Deira Triñanes, asistirá este martes, día 31 de maio, ás 11.00 horas na sede do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, en Madrid, ao acto de recollida de ditas bandeiras.

Sociedade