Mulleres da Transición politica española.

Mulleres da Transición politica española.

25 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Mulleres” é o nome dunha exposición fotográfica de Marisa Flórez, editora gráfica do xornal El País. Amosarase na Casa da Cultura de Fene entre o 5 e o 20 de novembro. Trátase dunha exposición que amosa imaxes da transición española con textos de Estrella Diego. É unha homenaxe á muller que comeza a reivindicar, como representante dun papel fundamental nese momento histórico de cambio político

Marisa Flórez empezóu a traballar na prensa en 1971 con 23 anos. No ano 1976 pasa a El País no comezo dunha etapa de libertade de expresión. Testemuña de cambios políticos, coa sua cámara, Marisa Flórez, actual redactora xefa de fotografía do diario El País, retratóu a flora e fauna da paisaxe política do momento.A sua visión da política racha coa imaxe tradicional e preparada que se ofrecía ata entón. As mulleres empezan a abrirse camiño paralelamente ao avance da política, a sociedad comenza a sair á rua, mediante folgas e manifestacions nas que se reivindican os dereitos perdidos na dictadura.El fotoxornalismo pretendeu reflexar a realidade, dende a mirada persoal dos profesionais que, a través dos protagonistas, contaron a historia da vida.

Sociedade