Milleiros de persoas protestan contra a politica do PP no sector do mar

Milleiros de persoas protestan contra a politica do PP no sector do mar

27 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

"Conselleira, dimisión" foi un dos berros máis escoitados esta mañá nas rúas de Santiago de Compostela. Milleiros de mariscadores e mariñeiros participaron nunha protesta contra as políticas do Partido Popular no sector pesqueiro.  

O reparto do cerco, as taxas ou os atrancos para a pesca artesanal. Todas estas e moitas outras desembocaron este sábado nunha multitudinaria manifestación en Compostela na que milleiros de persoas lle fixeron fronte á chuvia, á sarabia e mesmo á neve "na defensa do sector do mar".
Sociedade