Mellora nas pistas deportivas de O Sequelo, Subuqueiro e O Saltiño

Mellora nas pistas deportivas de O Sequelo, Subuqueiro e O Saltiño

23 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Concellería de Deportes do Concello de Boiro, que dirixe a concelleira Dores Torrado Ares, está a executar unha serie de melloras nas pistas deportivas ao aire libre de O Sequelo (parroquia de Lampón), Subuqueiro (parrroquia do Castro) e O Saltiño (parroquia de Abanqueiro), subvencionadas, en parte, a través dunha axuda da Deputación Provincial da Coruña. Parte das obras foron executadas por parte de traballadores municipais, e outras correrán a carg

As actuacións son as seguintes: 

O Sequelo: Limpeza en profundidade da área de xogo, alongado do campo de xogo, pintado do campo de fútbol sala e arranxo do peche perimetral, actuacións todas elas xa executadas.

Subuqueiro: Limpeza en profundidade da área de xogo, pintado dos campos de fútbol sala e baloncesto, acondicionado do espazo para a práctica do tenis, cambio de porterías e a substitución parcial do peche perimetral de malla simple por un peche antivandálico. Este último está pendente de execución.

O Saltiño: Limpeza en profundidade do área de xogo e pintado dos campos de fútbol sala e baloncesto, actuacións xa feitas, e realizarase o arranxo das porterías, substitución das redes e cambio parcial do peche perimetral de malla simple por un peche antivandálico.

Sociedade