As matemáticas proban que a supervivencia do galego dependerá do seu prestixio social

As matemáticas proban que a supervivencia do galego dependerá do seu prestixio social

27 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O galego e o castelán poden seguir convivindo durante moitos anos, segundo os resultados dun proxecto posto en marcha por un grupo de investigadores de Física e Matemáticas da Universidade de Santiago. Idearon unha ferramenta, que está a suscitar interese internacional, capaz de medir as posibilidades de supervivencia do bilingüismo. “Ata agora pensábase que sempre que existían dúas linguas nun mesmo territorio unha d

Mira e os seus compañeiros detectan que o prestixio do galego, malia que aumentou nos últimos tempos, segue a ser menor que o do castelán. A aposta que se faga no momento actual por aumentar ese estatus vai marcar a supervivencia, ou non, da lingua do país, explica o profesor de física da Universidade de Santiago.

O proxecto, titulado Importancia da similaridade interlingüística e bilingüismo cando dúas linguas compiten, foi elixido Mellor Idea do Día entre os artigos postos no Physics ArXiv polo Technology Review do Massachussets Institute of Technology (MIT). Trátase dun foro, de grande difusión entre a comunidade científica mundial, no que investigadores de distintos puntos do planeta, e de diversas disciplinas, adiantan as primeiras versións dos seus proxectos. Mira declarouse en Radiofusión moi satisfeito desta distinción, aínda que recoñeceu que o descubriron tarde e dun xeito curioso: “Enterámonos de que saímos na televisión pública austríaca e ao intentar descubrir o porqué soubemos o do MIT”, explicou.

Proximamente, o texto será publicado na revista New Journal of Physics. Xunto a Jorge Mira asinan o proxecto o profesor do Departamento de Análise Matemática Juan Nieto e o investigador Luís Seoane, que actualmente se atopa nunha estadía no Bernstein Center for Computational Neuroscience de Berlin.

Sociedade