Martín de Padrozelos e Lois Pereiro

Martín de Padrozelos e Lois Pereiro
22 de Xaneiro, 2020 - 10:40 h. | Publicada por Radio Monforte

Martín de Padrozelos naceu en Samos no ano 1076. Recuperáronse nove cantigas de amigo e unha de amor escritas en lingua galega, douscentos anos antes do nacemento de Gonzalo de Berceo. A Quenlla musicou eses poemas como un xeito de reivindicar un importante patrimonio da cultura europea.

ESCOITA O PODCAST:
Lembranza a Lois Pereiro. Concello do Incio

Trátase dun disco moi reivindicativo, segundo Mero Iglesias da Quenlla. Recuperouse a letra e a música correu a cargo de Mero Iglesias e doutros integrantes do grupo. Os investigadores Xulio Pardo de Neyra e Dulce Fernandez identificaron a súa vivenda no lugar de Praducelo en San Xoán de Loúzara en Samos no mesmo val no que viviu Fiz Vergara Vilariño e a uns trinta quilómetros en liña recta de onde naceu anos despois Lois Pereiro, outros poetas que inscribiron a literatura galega en Europa. .

 

Cultura

Publica o teu comentario agora