Mais cine por favor

Mais cine por favor
13 de Xaneiro, 2021 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

O Universo Wong Kar-Wai chega aos Duplex Cinema de Ferrol con seis titulos do reputado realizador hongkonés.

Logo do éxito de Desexando amar na carteleira dos Duplex Cinema, estreado cun novo master en 4K polo seu 20 aniversario, chegan a DUPLEX Cinema seis títulos máis do reputado realizador hongkonés. Todos eles restaurados baixo a supervisión do seu director. Poderán verse en pases únicos os mércores ás 20:30 entre o 20 de xaneiro e o 24 de febreiro en versión orixinal subtitulada en español. As entradas xa están á venda.

A distribuidora Avalon adquiriu para España sete destes títulos, que presenta nun ciclo titulado "Universo Wong Kar-Wai" . Logo da calorosa acollida que recibiu "Desexando amar" en DUPLEX Cinema, programamos agora os seus títulos restantes, cada mércores desde o 20 de xaneiro ao 24 de febreiro. Os títulos son:

“As Tears go by” 20 xaneiro.

“Days of Being Wild” 27 xaneiro.

“Chungking Express”3 febreiro.

“ Fallen Angels” 10 febreiro

“ Happy Together” 17 febreiro

“ 2046”  24 febreiro

"As Tears Go By" (Cannes 1989 Quincena dos realizadores). Segundo a crítica, anuncia a presenza dunha xenuína nova vaga de Hong Kong, así como a dun ambicioso cineasta. Dous irmáns están introducidos no mundo das mafias chinesas. Un, o irmán menor, é incapaz de evitar os liortas polo seu impetuoso temperamento. Pola súa banda, o irmán maior, ao namorar, decide abandonar o escuro entorno no que se move, mais antes terá que volver axudar o seu irmán pequeno...

 

(Imaxe do director protagonista do ciclo dos Duyplex)

Cultura

Publica o teu comentario agora