Mabel Pérez: “Convocar a folga xeral nunha soa autonomía non ten ningún sentido”

Mabel Pérez: “Convocar a folga xeral nunha soa autonomía non ten ningún sentido”

13 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras vén de promover unha campaña de recollida de sinaturas para unha iniciativa lexislativa popular que ten como obxectivo que o Goberno central reverta a reforma laboral aprobada hai uns meses. Así o indicou Mabel Pérez, membro do Consello Federal do sindicato, nunha asemblea informativa en Santiago, onde tamén anunciou a intención do sindicato de esgotar a última posibilidade de negociación co Goberno. Co

O desemprego, a reforma laboral, a negociación colectiva e o sistema público de pensións son as cuestións que CCOO considera prioritario modificar para chegar a un consenso. Propostas sobre estas materias vense reflectidas na iniciativa lexislativa popular coa que o sindicato pretende recoller 500.000 sinaturas para incorporar modificacións no Parlamento.

Piden que se modifiquen os aspectos máis regresivos da reforma laboral, a recuperación do control sindical, o mantemento da negociación colectiva e a existencia dalgún subsidio para desempregados cando rematen as prestacións. Demandan tamén políticas activas de emprego, principalmente para a xente moza e os maiores de 55 anos, a recuperación do poder adquisitivo dos empregados públicos e a defensa do sistema público de pensións.

Comisións Obreiras considera que o trámite parlamentario da reforma do sistema público de pensións será longo, por iso cren que hai marxe suficiente para facer folga xeral no caso de que as negociacións se rompan. Asemade, apuntan que a convocatoria de folga xeral por parte da CIG non ten ningún sentido, ao ser unicamente en Galicia, e non cren que o 27 de xaneiro sexa a data máis acaída.

Sociedade