ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Carballo acolle a celebración do Día dos Medios en Galego este venres 7 de febreiro. Máis de cen cabeceiras, emisoras de radio e de televisión comparten o máis grande sinal de identidade galega, o idioma. Unha celebración ratificada no Parlamento Galego que se celebra cada ano co gallo da saída ás rúas da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado en Ourense por Valentín Lamas Carvajal en 1876.
Este 2020 é Carballo o que acolle o acto principal da celebración, que pretende convertirse nunha festa da nosa lingua. E dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) queremos celebralo cos máis de 100 medios que cada día usan o galego para contar o que acontece no noso país. Máis de 100 medios que demostran que a lingua está moi presente
O acto de celebración, terá lugar o venres 7 de febreiro, a partir das 20:30h no Casino1889 (sito na Rúa Vázquez Parga, 1, Carballo). O acto será presentado pola regueifeira de Bergantiños, Lupe Blanco, estará amenizado por Avelino González, e contará a participación da Deputada da área de Igualdade e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, María Muíño; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.
Despois duns petiscos, pechará o acto a banda muradá Terbutalina, que malia ser xa unha das máis potentes do escaparate indie-punk do panorama estatal, segue cantando na nosa lingua.
Toda a información en www.mediosengalego.gal
Publica o teu comentario agora