Loestamospescando.com, a venda directa de peixe desde a Costa da Morte

Loestamospescando.com, a venda directa de peixe desde a Costa da Morte

20 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Grupo de Acción Costeira (Gac3) que agrupa ás confrarías dos municipios da Laracha, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía acaba de pór en marcha un plan piloto de venda de peixe e marisco para profesionais do sector de toda España, e sector detallista, cuxo obxectivo é reducir a intermediación. O proxecto está encamiñado á comercializaci&oac

Loestamospescando.com ofrece na súa primeira fase, un teléfono de reservas de produto, e unha vez finalizado o proxecto piloto, a mediados do mes de xaneiro, consolidarase como unha venda directa de peixe e marisco online dirixido a profesionais e ao sector detallista.

Como o seu propio nome informa, loestamospescando.com ofrece o servizo de reserva de produto, para o que facilita un teléfono directo ao que se pode chamar para solicitar unha reserva concreta de peixe ou de marisco. Durante o día esta reserva será confirmada se o produto finalmente entra en lonxa e é poxado. A idea en que se incide é que cando o posible comprador chama para reservar, aínda non se sabe se o produto “esta pescado”, o que incide directamente na súa frescura.

Desta forma o que se pretende é que o profesional da venda de peixe ou o sector hostaleiro, e en xeral calquera particular, poida adquirir produto en lonxa sen os incrementos do custo de intermediación, mantendo en todo momento o control sobre a calidade, frescura e entrega da mercadoría.

Neste sentido e para potenciar esta acción, o Gac3 realizará os días 25 e 26 de novembro, unha degustación gratuíta de peixe e marisco no renovado mercado de San Antón, en pleno centro da capital de España.

A degustación gratuíta será elaborada por Serpeska, grupo consolidado de venda de peixe e marisco en Madrid e propietaria da única pescadería existente no Mercado de San Antón.

Este grupo comercial dispón ademais dun posto de venda de peixe e marisco elaborado no segundo piso do mercado, lugar destinado ao lecer e que é moi frecuentado por quen acoden a San Antón a realizar as súas compras.

Conxuntamente coa web loestamospescando.com creouse un blog, unha páxina Facebook e unha canle de Youtube para difundir e dinamizar este proxecto.

Sociedade