Liberados os mariñeiros galegos secuestrados en Somalia

Liberados os mariñeiros galegos secuestrados en Somalia

14 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Os mariñeiros galegos Juan Alfonso Rey Echeverry e José Alfonso García, secuestrado por piratas desde decembro pasado, cando pescaban a bordo do "Vega 5" na costa de Mozambique, foron liberados, segundo fontes gobernamentais. O palangreiro de bandeira mozambiqueña e operado por unha empresa participada por Pescanova, foi secuestrado en decembro pasado e liberado en marzo pola Mariña india. O capitán  e o contramestre, galegos os dous, non estaba

 Os piratas difundiron días despois unha foto na que se vía os reféns cercados por homes armados. Despois da operación, na que foron capturados 61 piratas, a mariña india confirmou a fin do secuestro de trece dos tripulantes e comunicou que outros se atopaban "desaparecidos". A bordo do barco viaxaban 19 moçambicanos e tres indonesios. En particular, O "Vega 5", usado como buque nodriza para outros ataques, foi secuestrado fronte ás costas de Mozambique, o 28 de decembro. Aquel día, a tripulación foi obrigada a dirixir o barco cara ao norte, unha viaxe de sete días ata a súa chegada á costa de Somalia, o pasado 4 de xaneiro. Foi ancorado no porto de Haradheere, que os piratas somalís utilizan como base regular durante o período que dura a negociación de rescate.
Discreción
A ministra de Asuntos Exteriores e Cooperación, Trinidad Jiménez, anunciou tras a liberación do buque que os dous galegos se atopaban ben e que o executivo xestionaba esta crise con discreción.
 Dende o principio, tanto o Goberno como a empresa e as familias dos galegos, naturais de Pontevedra e Muros (A Coruña), gardaron silencio sobre as negociacións, co fin de non prexudicalas.

Sociedade