L’uomo di gomma e The Kanaloas en Ferrol

L’uomo di gomma e The Kanaloas en Ferrol

27 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Sala Súper 8 de Ferrol acolle esta fin de semana dous concertos. Mañá venres, ás 22:00 horas actuará o grupo compostelán L'uomo di gomma. A entrada custa 3 euros. Ao día seguinte, o sábado, tocaralle a quenda aos coruñeses The Kanaloas. Subirán ao escenario ás 22:00. O prezo da entrada é de 5 euros.

L'uomo di gomma son un grupo de punk experimental nacido na Xurásica IV (Santiago DC) logo dunha colisión estética entre membros de Samesugas, The Lorchas e The Homens. Integrado por Josete, Ramón, Pombo & leRoi a mediados de 2010, e con militancias previas en grupos coma Fame Negrha, Stay Pretty ou Fulsomes, L'uomo di gomma buscan a verdade a través do volumen extremo, a vulgaridade máis lumpen e a observación de espectáculos circenses rurais.

The Kanaloas, é un grupo formado en A Coruña a principios de 2007, recrean o espírito das surf-bands de principios dos 60. As sús influencias van desde o rock’n’roll instrumental de Link Wray o The Ventures ata as bandas clásicas de surf, frat e hot rod como The Belairs, The Trashmen, Astronauts o Dick Dale & his Deltones, pasando por grupos como The Spotnicks e The Shadows. Descendentes de Kanaloa, deus Tiki do Océano ao que os antigos hawaianos consagraban o ritual de he’henalu (surf), estos catro gremmies, co seu son clásico, transpórtannos ás beach parties máis salvaxes das praias californianas, mergullándonos nun mundo de tikis, longboards, mozas, dragsters e rock’n’roll.

Sociedade