A I Feira Galega de Voluntariado 2010 inicia a súa actividade

A I Feira Galega de Voluntariado 2010 inicia a súa actividade

21 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A I Feira Galega de Voluntariado 2010 comezou hoxe en Santiago coa participación de máis dun millar de persoas e medio centenar de entidades. Ademais das 50 asociacións de voluntariado que toman parte do evento, máis dun centenar de persoas participarán no programa paralelo de conferencias que se celebrará mañá na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O acto de inauguración da Feira foi presidido pola conselleira de Traba

Na zona expositiva, un dos espazos dos que conta o evento, atópanse os stands das entidades participantes. Casetas onde as organizacións exhibirán ao longo de catro xornadas todos os seus proxectos e programas de traballo. Entidades relacionadas coa saúde, a discapacidade e as enfermidades mentais, como a Asociación de Persoas con Trastorno Bipolar de Galicia, a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade ou a Federación Galega de Dano Cerebral; organizacións de longa tradición, como Cáritas, Cruz vermella ou Mans Unidas; e asociacións relacionadas coa flora e a fauna, como a Asociación Protectora de Animais sen Fronteiras, son algunhas das entidades participantes.

O segundo espazo da Feira está dedicado ao desenvolvemento de diferentes actividades de ocio, abertas a todo o público. Alí terán lugar desde actuacións de música e danza ata diversas exposicións e a realización de obradoiros de globoflexia, maquillaxe ou de títeres. As actividades da Feira terán continuidade ata a noite do domingo 24.

Sociedade