ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A fenesa Tamara Santamariña é profesora de acordeón no Conservatorio de Vigo. Criouse cun acordeón entre as mans e agora ensina todo o que sabe a outras persoas.
Naceu cun acordeón na man e, despois de estudar carreira musical, hoxe é profesora do Conservatorio de Vigo. Tamara Santamariña, natural de Barallobre dinos que a música é complicidade e conexión. Por iso esta pandemia creou unha sensación rara, diferente, no Conservatorio onde traballa. Limpan continuamente, o alumnado colócase a dous metros de distancia uns de outros, as clases son mais reducidas e as fiestras permanecen abertas para que corra o aire. Por estas datas de Santa Icía, patrona da música, sempre facían concertos especiais, mesturando alumnado e profesorado, pero este ano non puido ser, di con mágoa.
Os estudos de acordeón, o seu instrumento querido, normalmente comezan aos sete anos de idade e rematan dez anos despois. Iso non quita que calquera persoa poda tocalo en calquera idade. Cóntanos a xove profesora Tamara Santamariña que o acordeón é un instrumento relativamente novo porque aparece no século XIX e a súa patente non chega ata 1959. Afirma que as súas posibilidades son infinitas e que está presente en moitos estilos musicais. Ela é consciente de que a xente relaciona o acordeón coa rúa, con ritmos populares, algo similar ao que ocorre coa gaita. “Pero podes facer con el o que queiras, mesmo música clásica. Hai que escoitalo en contextos diferentes que nunca esperarías”. Dito e feito, por nós non quedará.
Publica o teu comentario agora