A Gala benéfica de Perlío xa non ten entradas

A Gala benéfica de Perlío xa non ten entradas

28 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Círculo de Perlío acolle o sabado 5 de abril, ás sete da tarde, unha Gala a beneficio de Cáritas Fene. As entradas vénderonse ao prezo de 3,50€ aínda que se establece unha fila cero para aquelas persoas que desexen realizar donativos superiores. O alma da Gala, o perruqueiro veciño de Perlío, Yago Gómez, anunciaba esta mañá en Radio Fene que xa colgaron o cartel de non hai entradas.

A organización parte de diferentes establecementos de Perlío e de Ferrol. A Gala contará con desfile de modelos, de comunións, de noiva e outros estilismos. A parte artística terá música, como a actuación de Cris Gesto de San Marcos ou a danza da compañía de Suso Pérez Lago. Yago Gómez falounos dos pormenores da Gala que presentará, Susana Falcón. Son os detalles que trascenderon do evento que terá o CCRD de Perlío como escenario o 5 de abril, a beneficio de Cáritas Fene.

Sociedade