ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Este venres e sábado, 29 e 30 de abril, celébranse as festas de San Gabriel en Mieites (Cures). O arranque dos festexos será o venres, ás dez da noite, coa degustación de pinchos morunos. De seguido, tocará a orquestra “Triunfo”. No descanso haberá unha actuación de conta chistes.
As dianas e alboradas, a cargo do grupo “Arume” de Boiro, darán o pistoletazo de saída dos actos previstos para o sábado. Ás doce e media oficiarase unha misa solemne na honra de San Gabriel. Unha hora e media máis tarde chegará a sesión vermú co grupo “Arume” e o grupo “Os da boina”. Haberá empanadas, tortilla e chourizos criollos, así como gran mexilloada doada polo establecemento “A batea de Juan”.
Xa ás seis da tarde non faltarán os xogos populares con agasallos para os cativos. Para rematar os festexos, ás dez e media, comezará a verbena arrufada pola orquestra “Filadelphia”. No descanso, actuará o Mago Alan, haberá sorteos e, como broche de ouro, unha queimada.