ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A revista Hola alcanza os 400.000 exemplares de tirada semanal. Puido pagar á familia Franco pola súa reportaxe no interior do Pazo de Meirás unha cantidade situada entre os 30.000 e os 60.000 euros. A cifra podería chegar para abonar os gastos de seguridade privada da edificación, sufragados pola Xunta por un convenio que supera os 50.000 euros.
"Séguese sen rachar co franquismo porque nin os gobernos do PP nin os do PSOE foron quen de acabar con isto. En ningún país europeo se podería dar esta situación; imaxinemos os herdeiros de Mussolini ou Hitler presumindo de casas ou pazos nas portadas das revistas", explica Manuel Monge, membro da CRMH, quen lembra que o pazo de Cornide, na cidade da Coruña, está nunha situación semellante e tamén é empregado pola familia do ditador para pasar varios días no verán. "É un claro incumprimento do espírito da Lei de Memoria Histórica", insiste. Hola publicou esta semana unha reportaxe na que a neta de Francisco Franco, aparece na entrada do Pazo de Meirás. A publicación anuncia a ruptura coa súa parella e destaca que entra “por primeira vez na histórica casa familiar”. A Xunta de Galicia declarou o inmoble Ben de Interese Cultural e desde o 2011 a familia ten que abrir o pazo ás visitas ao menos catro dias ao mes. Forzas políticas de Sada sinalan que esta obriga leva varios meses incumprindose e ninguén pode achegarse ao interior do Pazo