ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"A foto foi tomada en Mondoñedo polo ano 1948. Era un dos primeiros autobuses que houbo nesta cidade. Nela aparece o meu bisavó agarrado ao ferro por detrás do soldado na praza do concello de Mondoñedo. Meu bisavó fora invitado para ver a chegada dese primeiro autobús pois era amigo do conductor. Na imaxe vese a expectación que causou a súa chegada porque amoreouse moita xente, e mesmo detrás das ventás. Vemos que o cambio no tempo foi considerable, non había límite de pasaxeiros e a ubicación tamén era distinta e variada". Este foi o texto explicativo da fotografía, que resultou premiada na categoria de Ensino Secundario no IV Certame Imaxes do Patrimonio, organizado pola asociación Ponte nas ondas.
Presentaronse un total de 490 fotografías ao concurso, polo que o xurado tivo un dificil traballo de selección. O certame pretende descubrir ás novas xeracións a existencia dun rico e variado patrimonio cultural. A rapazada debe acudir á casa dos avós ou avóas, buscar fotografías antigas e que lle expliquen as circunstancias que explican a imaxe. Favorécese a posta en valor do patrimonio e o intercambio entre diferentes idades, segundo asegura Xerardo Feijóo, da asociación Ponte nas ondas.
Publica o teu comentario agora