De Castelao a Nóvoa

De Castelao a Nóvoa
04 de Febreiro, 2020 - 09:13 h. | Publicada por Radio Redondela

De Castelao a Nóvoa. Hai moitas razóns para visitar o Museo de Pontevedra. As súas salas ofrecen de xeito permanente un completo catálogo das obras do debuxante e político galeguista exiliado e morto en Arxentina. Agora ata abril, complétase a oferta con obras doutro pintor exiliado.

Debuxo de Castelao. Museo de Pontevedra

Leopoldo Nóvoa, pintor da cinza e da luz. Unha mostra antolóxica recolle no Museo de Pontevedra unha selección da súa obra. Exiliado con 18 anos, viviu e pintou en Montevideo, Bos Aires ou París. E en Armenteira (Meis) onde construíu casa nos anos 80 e apoio ás novas artistas galegas. Un inaudito Nóvoa figurativo e colorista corresponde aos anos da vida en Uruguai. Ao pouco trasládase a Bos Aires e coñece quen será o seu segundo mentor, Luís Seoane. Asegúrao así hoxe Daniel Salgado nunha reportaxe publicada en Nós Diario.

Cultura

Publica o teu comentario agora