ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene informa que no marco do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña vaise impartir formación en Salvamento e Socorrismo Acuático que inclúe dous cursos con certificado de profesionalidade. O prazo de inscrición remata o 5 de febreiro.
Dúas especialidades:
• Socorrismo en espazos acuáticos naturais, de 420 horas ( 340 horas de formación teórica e 80 de formación práctica). Data prevista a mediados de febreiro.
• Socorrismo en instalacións acuáticas de 210 (130 horas de formación teórica e 80 de formación práctica). Data prevista a finais de setembro.
Requisitos das persoas candidatas no momento da inscrición :
• Situación de desemprego e inscrita no Servizo Público de Emprego
• Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición
• Estar empadroado en algún dos concellos da provincia da Coruña
• Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos par cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2 (estudos de ESO, 2º de BUP, FP-1, ..)
Documentación a presentar:
• Formulario de candidatura, que se facilitará no servizo
• Declaración de cumprimento dos requisitos, que se facilitará no servizo
• Certificado ou Informe de saúde recente, emitido, asinado ou selado por facultativo con data non anterior ao 11 de xaneiro de 2021, sobre o cumprimento das capacidades físico-psíquicas para o desenvolvemento da actividade profesional de salvamento e socorrismo acuático. As solicitudes recolleranse e entregaranse no Concello de Fene, Área de Formación e Emprego “Pancho Allegue” – orientación laboral, solicitando cita previa no teléfono 981 492 767. (orientacion.laboral@fene.gal).
Publica o teu comentario agora