Competir na Guerra das Galaxias

Competir na Guerra das Galaxias
28 de Marzo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un torneo dun novo xogo de cartas baseado na Guerra das Galaxias que se vai disputar o sábado en Fene, na tenda Cáprica, atrae xente doutros puntos de Galicia, segundo informou en Radio Fene Juanma Sánchez. 

ESCOITA O PODCAST:

Star Wars Unlimited é o xogo dun torneo que se disputara o sábado, de 11 a 14 horas. Para participar hai que anotarse. Son quince prazas e cinco persoas de Lugo xa reservaron posto. 

Nestes días de vacacións, nos que o tempo non anima a saír, outros xogos interesantes cos que divertirse son o Catan, “un clásico”, con éxito desde o seu lanzamento en 1995, no que os xogadores compiten pola colonización dunha illa ficticia. “Un dos xogos de mesa máis famosos do mundo”, explica Juanma. 

O luns celebrouse o Día do Señor dos Aneis, e os amantes desta popular saga tamén teñen xogos ao seu alcance como A Guerra do Anel. Del destaca Juanma a súa “magnifica atención ao detalle, con miniaturas e un mapa espectacular, representa moi ben as novelas”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora