Caravana para recuperar a ameixa na ría

Na caravana participan os pósitos de Ferrol, Barallobre e Mugardos.
22 de Outubro, 2020 - 02:31 h. | Publicada por Radio Fene

Uns 90 veículos saíron da Malata en Ferrol ás 13.00horas para reclamar unha solución ao marisqueo na ría de Ferrol.

ESCOITA O PODCAST:

Preto dun cento de veículos circulan en caravana polas estradas de Ferrolterra reclamando solucións para o sector marisqueiro da ría de Ferrol. No banco das Pías, principal para o sector, caeu a producción ata provocar unha situación caótica á que se une a presencia dunha nova bacteria que invalida a faena nesta zona. De cinco anos para aquí a producción de ameixa caeu ata o 10%, unha situación que fai insostenible a supervivencia do sector. O patrón maior de Barallobre, Jorge López Pena, así o explicaba desde a caravana que discurre entre A Malata e Mugardos, pasando por Narón, Neda e Fene. Participan na mesma todas as confrarías da zona, Ferrol, Barallobre e Mugardos, os seus traballadores a pé e a flote. A pelota está no tellado da Consellería de Pesca que está obrigada a facer un estudo da situación actual da ría, segundo lle piden os pósitos, e buscar alternativas para este colectivo. “Hai cinco anos traballábamos 300 persoas na zona. Hoxe somos 25 ou 30. Se a Xunta e o Goberno central non atopan unha alternativa, seremos unha empresa mais que pecha en Ferrol” declarou Jorge López Pena.

 

(Ribeira de Maniños-Barallobre)

Sociedade

Publica o teu comentario agora