Ambulancias abarrotadas

Ambulancias abarrotadas
16 de Outubro, 2020 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

A Confederación Intersindical Galega e o  transporte sanitario non urxente piden melloras nas ambulancias, plantexan solucións ante a precariedade.

Centro de saúde de Fene

A Confederación Intersindical Galega e o seus delegados no sector do transporte sanitario non urxente cargan contra o SERGAS polas condicións que teñen nos seus postos de traballo. Falan de ambulancias abarrotadas con ata 6 pacientes nas que non é posible cumprir unha medida de seguridade básica como é a distancia social. Hai que ter en conta que neste transporte viaxan moitos pacientes de risco.

 

Poñen de exemplo os hospitais onde as medidas de prevención son exemplares para explicar que carece de sentido o trato que se lles está a dar e a falta de recursos. Por todo isto piden un máximo de 4 pacientes por vehículo, o acondicionamento das ambulancias e controis para que se cumpran estas medidas. Como explica, non se debe precarizar nun dos piares do Servizo Público de Saúde.

Sociedade

Publica o teu comentario agora