Amaral: "Era un reto a beleza dos canóns do Sil"

Amaral: "Era un reto a beleza dos canóns do Sil"
01 de Novembro, 2019 - 12:10 h. | Publicada por Radio Estrada

"Era un reto para nós intentar reflexar nun videoclip a beleza dos canóns do Sil" afirma Eva Amaral, aludindo ás imaxes promocionais do seu tema "Halconera". Foi unha decisión persoal, indica a intérprete.

ESCOITA O PODCAST:
Amaral

Amaral achéganos, este sábado día 2 ao Coliseum da Coruña, o seu disco máis galego. Trátase de "Salto al color", unha mistura de sonoridades. O 8º álbum de estudo da banda zaragozana, que conta coa colaboración do músico galego Carlos Núñez. O disco comeza coa cantiga de Martin Codax "ONDAS DO MAR DE VIGO" e péchase cun tema no que o videclip foi grabado nos Canóns do Sil, "HALCONERA".

 

De esto e de moito máis falou Eva Amaral có compañeiro de Radio Estrada, Pablo García.

Cultura

Publica o teu comentario agora