Aguiño prepara 5.000 racións de percebes

Aguiño prepara 5.000 racións de percebes

25 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A confraría de pescadores de Aguiño (Ribeira) servirá 5.000 racións na Festa do Percebe que se celebra este domingo 29 de xullo. O máis gorentoso dos produtos do mar comezará a servirse ás 12 do mediodía. Os mariscadores esperan ainda recoller no que queda de semana arredor de dous mil quilogramos de crustáceo.

Unha carpa instalada na zona portuaria de Aguiño acollerá aos visitantes. A confraria conta cunha equipa de 30 persoas para lograr un ano máis, que as racións cheguen ás mesas en tempo e forma. Na xornada do 23 de xullo, na lonxa de Aguiño vendéronse máis de 720 quilos de percebe cun prezo  medio de 26,45 euros.

Sociedade