AGE esixe o cese do presidente de Sogama, Luís Lamas

AGE esixe o cese do presidente de Sogama, Luís Lamas

21 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Cerceda

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe o cesamento inmediato de Luis Lamas, actual presidente de Sogama, quen, como tesoureiro da fundación Cetal (Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo), adxudicou un contrato de 15.000 euros a un bufete de avogados do que el mesmo é socio. A mencionada fundación é un organismo estatal público. Mentres, os portavoces de Anova, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega, continúan coa súa xeira de a

“Isto é unha impresentábel tomadura de pelo e unha mostra máis de que a corrupción e a s corruptelas son o modo de comportarse natural entre os cargos do Partido Popular”, indica o deputado de AGE Antón Sánchez.

O procedemento de adxudicación ao bufete –Lucus Lex, SLP- foi negociado e sen publicidade. “A efectos prácticos, unha adxudicación a dedo”, concreta Sánchez. Como motivo desta consta a a seguinte exposición: “La oferta aceptada es la presentada por Lucus Lex, SLP, por adecuarse a las condiciones particulares y técnicas de ejecución establecidas y ser la oferta económicamente más ventajosa”. O contrato licitouse por 15.000 euros ao ano (sen IVE) e o bufete de Luis Lamas presentou a súa oferta por 14.850 euros. A rebaixa é de apenas 150 euros por ano, “a práctica habitual neste tipo de contratacións”, afirma o parlamentario de Alternativa.

Alternativa Galega de Esquerda rexistrará hoxe mesmo unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia en que insta á Xunta ao cesamento inmediato de Luis Lamas como presidente de Sogama, un dos cargos con maior salario de todo o Goberno galego. “No canto de propaganda e medidas baleiras”, asegura Antón Sánchez, “e se é certo que Feijóo quere loitar contra a corrupción, debe botar a Luis Lamas do seu posto con urxencia”. Porque entre os méritos deste señor, non esquece o deputado de AGE, “tamén se atopa a xestión do prezo do canon do lixo, que subiu un 34% e máis tarde quedou demostrado que Sogama inchou as contas para xustificar a desproporcionada suba”.

Sociedade