“Banderas de nuestros padres” (La 2, 22 h.)

“Banderas de nuestros padres” (La 2, 22 h.)

13 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Os homes si choramos, o que acontece é que a falla de práctica nos atrofia o lacrimal. Habita nalgún lugar dentro de nos un botón para a emoción que só se activa baixo determinadas circunstancias e que abre as portas para que mane a auga salgada dos ollos, o mesmo que acontece coa fervenza do Xallas, que cae con moi pouca frecuencia, e só cando Villar Mir, que ten o control sobre o río, preme no dispositivo que a activa. Con iso de chorar pasa como cos

A película que emite La 2 de Televisión Española forma parte dun díptico estupendo arredor da Guerra do Pacífico no marco da Segunda Guerra Mundial e das matanzas entre soldados estadounidenses e xaponeses. As historias de guerra teñen efecto na miña compostura dende que escoitei ven pequeno a canción de Mambrú, meu pobre. Desta volta, Eastwood elabora algo máis a traxedia. Malia que o filme que recibiu máis parabéns é “Cartas dende Iwo Jima”, que relata o punto de vista xaponés, tampouco desmerece esta historia sobre o grupo de soldados que posaron para unha foto histórica de Joe Rosenthal erguendo a bandeira das barras e estrelas logo dunha cruenta batalla. A historia relata sobre todo as circunstancias que seguiron a esa fama súbita e a tensión entre a vida como heroes e estrelas guerreiras e a lembranza dos terrores que viviron e das miserias que queren ocultar e que os perseguirán sempre sen apagarse por moito que alumee a medalla no seu peito. “Banderas de nuestros padres” demostra que a Mambrú non hai quen o salve da morte. Emítese ás dez da noite.

Sociedade